luns, 27 de abril de 2026

CONVIVENCIA CO CPI DE CERVANTES

Visita do CPI de Cervantes para compartir unha xornada de relación entre un colexio do rural e outro da zona urbana. 



Recibímolos na nosa biblioteca co conto de Rosalía, a nosa mascota.
 
Despois dividímonos en dous grupos: de infantil a 3° de Primaria quedaron no cole facendo slime e os outros e outras (de 4° de Primaria a 4° da ESO)  foron visitar o arquivo histórico para facer un obradoiro de restauración de libros. Despois cambiamos e foron os máis pequenos a coñecer a Biblioteca Pública de Lugo e os maiores quedaron facendo experimentos. 











Un día fantástico de intercambio de experiencias!


Ningún comentario:

Publicar un comentario