Onte, 30 de xaneiro, os grupos 5 e 6 do club de lectura tiveron a súa primeira posta en común do libro lido.
O grupo 5 lera O misterio das zocas e, despois de comentalo, fixeron este estupendo traballo entre todos nunha das ventás do corredor.
O grupo 6 tiña lido Unha misión para Clara. Falou del, relacionándoo co coidado da natureza e tamén coas lendas nas que saen os trasnos.
Ademais, eles/as tamén tiñan unha misión, que era a de traer unha caixa representando o libro.
Tamén se recuperou este día a sesión do grupo 4, que non se puidera desenvolver o venres pasado pola alerta meteorolóxica.
Nela relacionouse a familia dos Pampín coa realidade galega das casas dos pobos e co caciquismo. Ademais fixeron un debuxo do personaxe que máis lles gustou e o espuxeron aos compañeiros e compañeiras.
Finalmente recolleron o novo libro de lectura.












Ningún comentario:
Publicar un comentario